
Sergio Pereira fai público o malestar dos populares pola opacidade, a nula particiapación veciñal, a falta de transparencia e a ausencia de diálogo do equipo de goberno na redacción dos Orzamentos para 2020 e, máis en concreto, na negativa a elaborar unhas bases para a concesión de subvencións.
O Concelleiro do PP de Poio encargado da área de Facenda, Sergio Pereira, fixo público o malestar dos populares pola opacidade, a nula particiapación veciñal, a falta de transparencia e a ausencia de diálogo do equipo de goberno na redacción dos novos presupostos e, máis en concreto, na negativa a elaborar dunhas bases para a cocesión de subvencións.
«No proxecto de orzamentos 2020, figura un listado de subvencións concedidas de xeito directo e dúas partidas económicas de 84.000€ e de 129.000€ reservadas para subvencións por concorrencia competitiva pero o curioso e sorprendente é que apartan diñeiro nestes presupostos para este tipo de subvencións pero aínda non teñen as bases feitas nin falaron con ningún colectivo, asociación ou clube para consensuar unas bases obxectivas e xustas. O normal sería ter falado xa cos colectivos e clubes e poder presentar xunto cos presupostos 2020, as bases obxectivas para a concesión das subvencións», explica Pereira.
Os populares pregúntanse onde quedou a promesa que fixo o Tripartito no pacto de goberno de modificar o xeito de conceder as subvencións e de consensuar as bases cos colectivos: «Como todo o que están a facer estes 3 Alcaldes, isto é o contrario do que prometeron… a nós do BNG e do PSOE non nos estraña porque levan 25 anos facendo o mesmo pero sorpréndenos -aínda que cada vez menos- de AVANTE Poio que era o “partido rexenerador, transparente, participativo e transversal” e ao final, facendo as malas prácticas dos de antes, está a corroborar que mentía e que agora está traicionando e enganando a seus votantes e a todos os veciños e veciñas de Poio».
Sergio Pereria tamén criticou que na Comisión de Facenda non souberon responder ás preguntas dos populares: «No listado de subvencións figuran partidas de 3.000 euros para as Comisións de Festas parroquiais, patronais e para festas temáticas e nós preguntámoslle se ademáis destes cartos as Comisións recibirán a colaboración de grupos de gaitas, corales, etc. e incluso se dentro destes 3.000 euros tamén incluén operativos policiais, vallas, luminarias de festexos, como xa pretenderon facer este ano etc.; a nosa sorpresa é que ningún dos membros de goberno soubo responder a estas preguntas e iso nos preocupa moito e corrobora que non están condicións para gobernar».
«Hai moitas desconfianzas entre colectivos, asociacións e clubes porque xa hai precedentes deste equipo de goberno que lles preocupan. Non hai que olvidar que a labor que fan os colectivos, asociacións e clubes en Poio é vital e fundamental para a dinamización e para a difusión do noso Concello e é máis que necesario que participen na redacción das bases para a concesión de subvencións», conclúe Pereira.
1 comentarios