O PP de Poio solicita un Pleno Extraordinario para frear a subida do IBI dos 3 Alcaldes

O PP de Poio comunicou este venres o mediodía en rolda de prensa a presentación dunha solicitude de Pleno Extraordinario para frear a actualización de valores catastrais solicitada polos 3 alcaldes ao goberno central que terá como resultado unha subida no IBI e nas Plusvalías para todos os veciños de Poio no ano 2020 e seguintes.

Na comparecencia, na que participaron tamén outros concelleiros do grupo municipal, tomou a palabra en primeiro lugar o portavoz da formación para asúntos económicos, Sergio Pereira, que explicou a orde do día do Pleno solicitado polos populares, e que segundo a normativa debe convocarse antes do día 25 deste mes.

O escrito, asinado polos oito edís do PP, establece como primeiro punto do orde do día a comparecencia de Luciano Sobral “para explicar os motivos polo que o Concello de Poio solicitou ao Ministerio de Facenda a actualización de valores catastrais para o 2020 e seguintes e o motivo polo que non foi tratado este asunto en Comisión de Facenda nin en sesión plenaria”. A continuación o Pleno debatirá e votará unha declaración conxunta rexeitando a actualización, feita a petición do goberno local de Poio, “que supoñerá unha subida no recibo do IBI e unha subida no recibo a pagar na liquidación das Plusvalías” e explicando os motivos polo que esa actualización non debe producirse. Finalmente, sempre que se acade a maioría dos votos, o Pleno trasladaría ao goberno central a petición de non aplicar a actualización a Poio.

Xunto coa solicitude do Pleno Extraordinario os populares presentaron un escrito, asinado tamén por todo grupo municipal, renunciando a cobrar as cantidades que lles corresponderían por asistir ao Pleno, de 87 por cada edil, para que a celebración do mesmo non supoña un custo adicional á veciñanza, que «bastante teñen con soportar o expolio fiscal dos 3 alcaldes». Os populares invitan aos membros de BNG, PSOE e Avante Poio a facer o mesmo coa súa retribución, que ascende a 175 euros: «Cremos que a subida do IBI que van facer os 3 Alcaldes é o suficientemente grave para que se trate e se vote nun Pleno Extraordinario pero tamén entendemos que os veciños e veciñas de Poio non teñen que pagar estas indemnización os membros da Corporación e por iso renunciamos a cobralas e invitamos o goberno a que faga o mesmo.

Pereira explicou que o PP se enterou da subida «polo BOE do 28 de decembro», pese a que a medida foi solicitada expresamente polos 3 alcaldes en xuño de 2019, apenas elixida a nova corporación, para a súa aplicación a partir de 2020: «Solicitaron a Catastro subir os valores catastrais de todos os veciños e veciñas de Poio para este 2020 e seguintes, subindo o recibo do IBI e as Plusvalías. Formaba parte isto do seu pacto “secreto” de goberno?».

Pereira subliñou ademais que a subida foi unha das primeiras medidas que se tomaron no mandato: «Se cadra o fixeron pensando que a xente dentro de 4 anos se vai olvidar», e lamentou o secretismo e o intento de agachar «unha decisión voluntaria, discrecional e unilateral do goberno municipal, e por tanto responsabilidade exclusiva dos 3 Alcaldes».

Pereira non ve ningún cambio coa chegada de Avante Poio senón que todo o contrario: «Os 3 Alcaldes solicitaron a Catastro esta subida do IBI e das Plusvalías con nocturnidade e con alevosía xa que non levaron este asunto a ningunha Comisión de Facenda nin tampouco a ningún Pleno: e esta a rexeneración e a transparencia que prometía Avante Poio?»

Pereira denunciou ademais as mentiras de Sobral e o concelleiro de Facenda cando, durante hai un mes presentaron os presupostos para 2020 presumindo de conxelar os impostos, «e agora demóstrase que era mentira», xa que «a subida solicitada por eles mesmos á ministra Montero afecta a todos os vecinos e veciñas. Todos eles veranse afectadas polo mesmo incremento, sexa cal sexa o seu nivel de renda».

Pereira aportou algúns datos que demostran o carácter expoliatorio da solicitude dos 3 alcaldes: «Dos 313 Concellos de Galicia, so pedieron a Catastro esta actualización de valores 22 Concellos: 3 da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 5 de Ourense 5 e 10 de Pontevedra 10. Pois ben, de todos eles Poio é o Concello que ten a ponencia de valores catastrais máis recente, a máis actual: do 2003 o que demostra que isto é un espolio fiscal en toda regra».

O popular subliñou que aínda por riba, «ademáis de ter a ponencia más recente, acaban de facer una regularización catastral no 2018 pola cal o Concello de Poio ingresou en atrasos dos últimos 4 anos… máis de 600.000€… negáronse en varias ocasións a baixar o tipo impositivo do IBI do 0,47 ao 0,43 tal e como pediu este grupo popular e non aplicaron nin aplican bonificacións… tal e como fan todos os Concellos da provincia».

A continuación interviu o portavoz popular, Ángel Moldes, que recalcou que a subida do IBI é unha traición a voluntade dos veciños e veciñas de Poio: «Nas eleccións municipais do 26M a veciñanza falou alto e claro apoiando de forma masiva o programa electoral do PP de Poio», un programa que levaba entre outras medidas a baixada do IBI e uns impostos xustos.

Por outra banda, Moldes subliñou que esta subida é un exemplo da prepotencia do BNG e da súa «desconexión total coa cidadanía», xa que nas últimas eleccións, despois de ostentar a concellería de Facenda, baixaron dous concelleiros e miles de votos «e aínda non colleron o recado», xa que traizoaron a vontade política da veciñanza: «a primeira medida que toma para este 2020 é subirse un 15% os soldos e subir o IBI e as Plusvalías a todos os veciños e veciñas do noso municipio».

Finalmente, Moldes explicou que este pleno extraordinario será unha oportunidade para que Avante Poio que sexa responsable e vote co PP a favor de frear a subida do IBI, posto que ía traer a rexeneración, a participación e a transparencia ao concello de Poio e nestes seis meses de goberno fixo todo o contrario.

Moldes recordou que durante as eleccións e as negociacións para formar goberno a voceira de Avante Poio prometeu rexeneración e o que fixo foi asinar un pacto de perdedores que perpetúa as peores prácticas do antigo Bipartito: «rexeneración tería sido respectar a vontade dos veciños de Poio e deixar gobernar á opción que votaron de forma maioritaria», pero desde logo non é subirlle os impostos contra a súa vontade, polo que pide Avante Poio o voto a favor dos acordos que levamos neste Pleno Extraodrinario: «xa non llo pido a Silvia Díaz xa que no que leva de mandato xa bastou para demostrar que o continuismo e as malas prácticas do anterior bipartito son as que toma de referncia e as que utiliza para gobernar con eles».

Segundo Moldes, «o que están facendo os 3 alcaldes é subir os impostos, aprobar máis soldos de Alcaldes, contratar máis asesores, ter máis dedicacións exclusivas e dar menos servizos para os veciños e veciñas de Poio», que é xusto o contrario ao que queren os poienses. Por iso fixo un chamamento á veciñanza e recordou que o Partido Popular, a forza maioritaria na corporación e a que ten equipo, proxecto e o respaldo maioritario da cidadanía, «seguirá loitando para defender os intereses e a vontade dos veciños de Poio», cando se celebre o pleno extraordinario e cada un dos 365 días do ano.