O PP pide sancionar á empresa do lixo e estudar a resolución do contrato

O concelleiro Manuel Domínguez anuncia a presentación dunha moción para impoñerlle sancións económicas á empresa adxudicataria da recollida de lixo, e para estudar seriamente a resolución do contrato do concello coa empresa Valoriza a raíz dos graves e sistemáticos incumprimentos do mesmo.

A proposta xurde despois de que os populares fixeran público este xoves os últimos informes da empresa “Into Consulting”, encargada do seguimento do servizo correspondente ao mes de xullo, agosto, setembro e outubro así como os informes emitidos polo funcionario municipal e responsable do servicio, o enxeñeiro municipal.

O voceiro do PP en materia medioambiental, o concelleiro Manuel Domínguez, resaltou que os informe tanto de “Into Consulting” como do enxeñeiro municipal son «demoledores» e que as súas conclusións demostran que «o tempo, ao final, veu e segue a darnos a razón» posto que a consultora e o funcionario advirten de numerosas deficiencias e irregularidades como os populares e os propios veciños levan anos denunciando.

Domínguez recordou que o PP leva denunciando a xestión deste servizo por parte do concello e a complicidade, primeiro do Bipartito e agora do Tripartito, coas irregularidades da empresa concesionaria.

O PP esixe a continuidade dos traballadores en caso de rescindir o contrato xa que «o problema son las irregulari-dades da empresa, consentidas e toleradas polos 3 alcaldes: En ningún momento cuestionamos ou responsabilizamos aos traballadores, que sabemos que fan todo o que poden». Domínguez resaltou que «desde o PP en ningún momento cuestionamos ou responsabilizamos aos traballadores, que sabemos que fan todo o que poden. O problema real é as irregularidades cometidas pola empresa e toleradas e asumidas polo BNG e o PSOE e agora, por Avante Poio».

Domínguez recordou que, de feito, a contratación desta empresa xurdiu das denuncias do Partido Popular en 2015, cando se comprobou que a empresa Valoriza non estaba a realizar os investimentos e os servizos comprometidos, pese a que os veciños de Poio pagan o recibo de lixo máis caro da provincia, con 122 euros, por un servizo, moitas veces, moi inferior ao de calquera outro concello.

Ademais, ao longo destes anos, os populares viñeron denunciando numerosas anomalías, como un vídeo que demostraba a falta de recollida separada  de vidro e residuos reciclables, a non reposición de máis de 300 contedores avariados ou obsoletos, a utilización de maquinaria, recursos e persoal noutros concellos, algo expresamente prohibido polo contrato, e que deu lugar a unha comisión de investigación ante os datos revelados polo PP de Poio sobre un incremento astronómico da “bolsa negra” e numerosas sospeitas de irregularidades.

INFORMES DEMOLEDORES DA EMPRESA

Os informe elaborado por Into Consulting fan un seguimento de distintos parámetros e analiza o servizo prestado durante os meses de xullo, agosto, setembro e outubro e conclúe que non se están a cumprir os compromisos que a empresa asumiu co Concello hai xa 4 anos.

Entre as observacións máis impactantes, o estudo destaca que a empresa Valoriza está a facer moitas menos horas de barrido manual das que ten a obriga de realizar, moitas menos recollidas de envases lixeiros das que ten a obriga de facer, non se cumpre coa frecuencia comprometida para as recollidas selectivas de papel cartón e vidro (na maioría dos meses ten que facer 8 recollidas e fai 0).

En relación á recollida de voluminosos, os informes destacan que resulta insuficiente e “es el gran problema del servicio de recogida, ya que es prácticamente diaria la necesidade de realizar recogidas de vertidos incontrolados”, polo que o PP subliña a necesidade de instalar un punto limpo, como teñen moitos outros concellos, e como figura comprometido no prego de condicións, e que ademais é un dos reproches que a empresa fai sobre o servizo.

O informe tamén destaca que “la maquinaria utilizada sigue sin presentar una rotulación específica del Concello de Poio”, algo que os populares interpretan que impediría que se seguise utilizando o material de Poio noutros concellos, e tal vez o Tripartito non o esixe por ese mesmo motivo.

O informe tamén fai outras recomendacións administrativas, como a necesidade de facer unha enquisa de satisfacción cidadá e de mellorar a planificiación e información sobre o servizo, e subliña a falta de persoal para determinadas tarefas, o que impacta sobre a calidade da recollida, insistindo en que “de las reuniones mantenidas con Concello y concesionaria se desprende que la recogida de voluminosos y en su derivación la recogida de aquellos voluminosos depositados indiscriminadamente en la vía pública es el problema de funcionamiento más grave y el que exige una solución inmediata, consensuada y drástica”.

INFORMES DESFAVORABLES DO FUNCIONARIO MUNICIPAL RESPONSABLE DO CONTRATO

O enxeñeiro municipal, cada mes, está a emitir informes desfavorable en relación a prestación deste contrato de recollida de basura: «A empresa que audita o servizo de recollida de basura e o funcionario responsable do contrato o teñen claro: a empresa incumpre o contrato de xeito continuo e reiterado, ata cando o campadreo dos 3 Alcaldes con Valoriza?», pregúntase o concelleiro popular.

150.000 EUROS EN INVESTIMENTOS PENDENTES E 50.000 EUROS DE SERVIZO QUE NON SE PRESTAN CADA ANO

O informe é especialmente duro coa situación dos investimentos pendentes por parte da concesionaria, destacando que, 4 anos despois de asumir o servizo, a empresa aínda non realizou inversións comprometidas por valor de 150.000 euros (145.944 €), dos que a maior parte corresponden á instalación dun punto limpo e á adquisición de 70 contedores de papel, a recollida e transporte de restos de poda ou transporte de algas, así como outros servizos comprometidos que se están prestando pero de forma moi inferior á comprometida, como a recollida de cartón porta a porta. En total, o informe valora estes incumprimentos en 48.219,23 euros/ano.

«XA NON O DI O PP, XA NON O DI A VECIÑANZA, O DÍ A PROPIA EMPRESA CONTRATADA POLOS 3 ALCALDES PARA AUDITAR O SERVIZO E O FUNCIONARIO MUNICIPAL RESPONSABLE DO CONTRATO».

 

Domínguez resaltou o «demoledor» do informe da concesionaria, que remata concluindo que a empresa “debe proceder a la implantación inmediata de todas las mejoras comprometidas en su oferta” e subliñou o dato de milleiros de euros en investimentos e servizos pendentes que non se prestan «coa complicidade, primeiro de BNG e PSOE e agora tamén de Silvia Díaz e Avante Poio». Pero tamén resaltou os informes dsesfavorables mensuais do funcionario municiapl do Concello de Poio.

 

Segundo Domínguez, «ao final por desgraza o tempo veu darnos a razón. Todo o que nós víamos denunciando vese confirmado ou incluso peor». O concelleiro popular esixiu que se pronuncien «os 3 alcaldes» xa que Luciano Sobral e Chelo Besada, cando o PP pediu unha comisión de investigación e solicitaba explicacións polas irregularidades, os dirixentes de BNG e PSOE dicían que eran acusacións falsas do PP, incluso cando eran fotografías feitas por veciños ou que mostraban irregularidades gravísimas.

 

En particular, Domínguez pregunta a Silvia Díaz, «a que sustenta o goberno que non foi apoiada polos veciños» cal é a súa opinión, xa que durante o anterior mandato, en numerosas ocasións apoio a petición de explicacións por parte do PP, e coincidiu en criticar o feito de que os veciños de Poio paguen o recibo máis alto da provincia por un servizo plagado de irregularidades coa complicidade do goberno local «pero agora que pasou a formar parte dese goberno, non volvimos escoitar unha palabra».

 

Domínguez esixiu explicacións inmediatas a Sobral, Besada e Díaz, despois de que un informe co membrete do concello confirme as denuncias e dea datos sobre novas anomalías , «Xa non o di o PP, xa non o din os veciños, dío a propia empresa contratada polos 3 alcaldes… a que esperan os 3 Alcaldes para resolverlle o contato a empresa incumpridora, impoñerlle sancións económicas e volver a licitar o contrato?».