A “trampa para coches” da praza Caneliñas en Raxó é o exemplo dun Tripartito chapuceiro e incapaz de escoitar aos veciños

A concelleira do PP Rocío Cochón preguntou ao Tripartito no último pleno municipal por que tres meses despois seguen sen eliminar a “trampa para coches”, un resalto na entrada na praza Caneliñas, en Raxó, no que cada semana resultan danados numerosos vehículos: “Outro exemplo dun Tripartito chapuceiro e incapaz de escoitar aos veciños”.

Cochón dirixiuse ao responsable de urbanismo do Tripartito, o socialista Gregorio Agís, recordándolle que o PP leva desde xullo trasladando as denuncias de veciños e usuarios por este baden, resultado da mala execución dunhas obras.

“Estamos falando dun desnivel de máis dun metro onde moitos conductores golpean os coches e que fixo incluso que furgonetas de reparto cambiasen a ruta para evitar romper o chasis”, destacou Cochón: “un desnivel que os concelleiros do PSOE foron incapaces de ver mentres se sacaban fotos durante as obras, nin tampouco escoitar aos veciños que o denunciaban”.

“O 26 de xullo pregunteille se tiñan pensado modificar ese resalto que provocaba danos a tantos vehículos, Vde. Recoñeceu o problema e anunciou que ‘xa estaban traballando en eliminar o resalto’”, indicou a popular: “Pois ben, tres meses despois o problema segue exactamente no mesmo sitio, coa agravante de que nestes 90 días decenas ou centos de vehículos estiveron sufrindo danos por un problema do que vostedes estaban avisados e dixeron que ían solucionar”.

Para Cochón, que onte visitou a zona e trasladouslle aos veciños a negativa de Agís a solucionar o problema, “as chapuzas e o despilfarro son a consecuencia lóxica de que en Poio haxa varios “goberniños”, con orzamentos distintos, equipos incompatibles e proxectos contradictorios. Un barco só pode ter un capitán, porque con moitos capitáns vai para o fondo”.

“Durante 27 anos, BNG, PSOE e agregados non só foron incapaces de solucionar os problemas dos veciños de Poio, é que nin sequera poden arranxar os problemas que eles mesmos crean. Poio necesita un único Goberno cun proxecto sólido para todos os veciños, un só capitan para dirixir este barco: e a gran maioría dos veciños sabe que ese capitán só pode ser Ángel Moldes”.