“Aldeas de Nadal”, o proxecto de Ángel Moldes para o próximo Nadal

 

 

 

 

O candidato do PP á alcaldía de Poio, Ángel Moldes, presentou a súa proposta para o Nadal, que comezaría a aplicarse  se os veciños lle outorgan a súa confianza nas eleccións municipais de maio.

O proxecto, denominado “Aldeas de Nadal”, comprende un conxunto de actuacións en cada parroquia, con decorados, alumeado e actividades específicas a cada lugar e un obxectivo común: “Devolver a ilusión das Festas e dinamizar o comercio e a hostelería cun Poio máis atractivo para veciños e visitantes despois de 28 anos de improvisación”.

Moldes explicou que “unha vez rematado o Nadal de 2022, o último do presente mandato, xa temos visto todo o que BNG e PSOE poden ofrecer, e cremos que Poio merece moito máis. Queremos revertir a realidade destes últimos 28 anos onde os veciños se desprazan para desfrutar da decoración, a iluminación ou as cabalgatas de Reis de concellos veciños”.

“Queremos darlle vida aos puntos máis representativos do noso concello cunha ‘Aldea do Nadal’ en prazas e lugares das cinco parroquias, e cunha programación novidosa e pensada para que Poio sexa o mellor lugar para desfrutar das Festas”

Así, Moldes avogou por “recuperar a tradicional cabalgata de Reis e que volva ser unha referencia na zona, a organización de actividades itinerantes que visitarán todas as ‘Aldeas de Nadal” e a vontade de dar impulso á participación dos veciños, os hostaleiros e os comerciantes de Poio, con iniciativas como un “Mercado de Nadal no que poida participar o comercio local”.

“Nos últimos 28 anos, os Bipartitos e Tripartitos despacharon as festas a con improvisacións e cambios cada ano, pero sempre os mesmos errores e a remolque da veciñanza”, indicou o candidato popular: “Non se trata de poñer unhas bombillas aquí ou uns arcos de luz alá despois de que protesten os veciños, trátase de ter un proxecto claro. Nós temos ideas, ilusión e ese proxecto para o Nadal de Poio, e estamos preparados para gobernar”, rematou.

ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS

En San Salvador, alumeado caracterizado na igraxa, o Pazo Besada e os parques de Ferreirós. Ademais, en Lourido, instalarase unha «Aldea de Nadal» espectacular, explicou Moldes: “para que os veciños nos entendan, será similar á que actualmente se fai en concellos como Vilanova, coa diferencia que en Lourido temos un lago de verdade, con patos, árbores…”

En San Xoán haberá un decorado e alumeado específico no Mosteiro e a Casa do Concello, ademáis da iluminación da igrexia de San Martiño e as prazas en distintos luigares da parroquia, como Pereiro, Vilariño, O Sartal, Liñares

Dentro da parroquia, merecen mención especial Campelo, onde se instalará unha “Aldea de Nadal” moi especial na Praza da Granxa, con actividades e unha decoración propia, e A Seca, onde se instalará unha carpa con actividades e unha zona exterior de atraccións, xogos, inchables, etc.

En Combarro, instalarase un alumeado específico para o conxunto histórico e unha ‘Aldea de Nadal’ na praza de Chousa, similar ás que actualmente se instalan na praza de Fefiñáns, en Cambados, con casetas, árbores, un pequeno lago e outros elementos que permitan interactuar aos máis pequenos.

En Samieira, tanto a praza Alfredo Romay como a Ruta dos Muíños terá unha decoración específica e con caracter propio.

Finalmente, en Raxó, ademáis do alumeado en distintos lugares da parroquia, instalarase unha ‘Aldea de Nadal’ con actividades e decoración específicas na esplanada do Porto.