Ángel Moldes acusa ao BNG e o PSOE de enganar aos veciños co cemiterio de San Xoán

O Partido Popular de Poio salienta que moitos veciños fixeron unha solicitude hai moitos anos para a compra dun nicho no cemiterio de San Xoán e pensan que con ela teñen garantizada a compra dun nicho.

O que non explica o Tripartito aos veciños é que esa reserva non é válida e que terán que iniciar un novo proceso, cunha convocatoria aberta na que calquera veciño de Poio con independencia de onde viva terá dereito a comprar un nicho; terán que explicarlles tamén se a propiedade será municipal e os veciños terán unha concesión.

BNG e PSOE están enganando a moitos veciños, e en vez de contarlles a verdade xogan coa desesperación de moita xente que leva anos agardando para poder comprar un panteón- sentenciou Moldes.

Moldes solicita ao Tripartito “claridade e transparencia; que lle digan a verdade aos veciños e que non fagan o mesmo que fixeron no seu día co novo reglamento do cemiterio que pretendía converter as propiedades en concesións”.

“Un goberno do PP xestionará o cemiterio con claridade, transparencia e respetando os dereitos dos veciños” – concluiu.

O popular recorda a Margarita Caldas que “este tipo de visitas están prohibidas pola lei electoral unha vez que están convocadas as eleccións. E pídelle que non tente resolver con trampas as promesas incumpridas de hai 28 anos porque os veciños non son tontos”.