Ángel Moldes presenta a súa proposta para dotar de beirarrúas a PO-303 en Samieira

DCIM100MEDIADJI_0424.JPG

O candidato do PP á alcaldía de Poio, Ángel Moldes, presentou este luns a súa proposta para dotar de beirarrúas a PO-303 ao seu paso por Samieira. Explicou que é unha actuación “moi prioritaria” para a súa candidatura e por iso, en caso de conseguir o Goberno, levaríase a cabo nos primeiros catro anos de mandato, fronte a outros que, subliñou “tiveron 28 anos para presentar un proxecto e non fixeron nada”.

Ademais dunha senda peonil segura, o proxecto inclúe a construción de pasos de peóns, elementos de calmado de tráfico e zonas de estacionamento con espazo suficiente. “Será unha actuación sensible co entorno, dialogada cos veciños e respectuosa coas propiedades existentes na zona”, indicou.

Moldes quixo “ter moi presentes as palabras da conselleira de Infraestruturas Ethel Vazquez, na súa ultima visita a Poio, na que pediu ‘máis colaboración e menos confrontación’; e esa será a miña folla de ruta: primeiro ter un proxecto, despois dialogar coa veciñanza para evitar problemas de expropiacións, cerramentos, ocupacións e por último, coordinar coa Xunta para a execución dese investimento e a construción das beirarrúas”- sentenciou Moldes.

“Soamente existen dúas posibilidades: ou ben non facer nada dicir que a estrada é competencia da Xunta e buscar confrontación como fixeron BNG e PSOE nos últimos 28 anos; ou desenvolver unha idea, presentar un anteproxecto, dialogar coa veciñanza e solicitar a colaboración da Xunta de Galiciam, como propoñemos desde o PP”, indicou Moldes.

“Se os veciños nos dan a súa confianza queremos abrir un tempo novo de escoitar aos veciños, colaborar coas demais administracións e sobre todo moito traballo.  Queremos facer todo o traballo para mellorar Poio desde o concello que non fixeron os Tres Alcaldes”