
O candidato á alcaldía, Ángel Moldes, solicita ao Goberno Tripartito que valore contratar un minibús para facilitar que os veciños de Combarro poidan acudir a votar. Explica que o concello cambiou o colexio electoral para o CEIP Chancelas, polo que moitos veciños que residen no conxunto histórico e na súa contorna teñen moitos problemas para poder achegarse ata alí, principalmente no caso de persoas maiores con dificultades para camiñar e porque, ademais, non existe ningunha zona segura para chegar a pé ata o centro escolar.
Por iso, o PP propoñen que se contrate un minibús para facer o domingo unha liña regular desde Chousa a Chancela, e garantir que todas as persoas que queiran, poidan participar e non teñan que renunciar ao seu voto por non ter forma de desprazarse ata o colexio electoral. Aseguran, ademais, que hai moito malestar entre os veciños por este cambio.
Moldes recorda que hai anos que xa se habilitou un minibús na parroquia de San Xoán para trasladar aos veciños ao colexio Isidora Riestra. Por iso, o PP pide que se faga o mesmo para Combarro, porque non é doado chegar camiñando a Chancelas e para moita xente maior resulta imposible pola distancia. Nesta liña, din que ao cambiar o colexio electoral, o Concello de Poio ten que garantir que os veciños e as veciñas de Combarro poidan participar nas eleccións do domingo.