Ángel Moldes traslada as queixas de familias, autónomos e pemes polos incumprimentos dos 3 Alcaldes

O voceiro do PP, Ángel Moldes, participou este xoves na Xunta de Portavoces telemática do Concello de Poio, xunto a Luciano Sobral e a representantes do BNG de Poio, do PSOE de Poio e de Avante Poio. Moldes aproveitou esta reunión para transmitirlle os 3 partidos que forman o equipo de goberno o malestar dos veciños, autónomos, pequenas empresas e empresarios de Poio polos incumprientos e falsas promesas do equipo de goberno de Poio.

O primeiro que Ángel Moldes preguntou na Xunta de Portavoces foi se chegaran xa as 20.000 mascarillas que xa fai case un mes anunciaran: «Pregunteilles polas 20.000 mascarillas que xa fai case un mes que prometeran repartir casa a casa e nos dixeron que xa chegaron pero que non haberá reparto por todas as casas de Poio senón que estarán dispoñibles nas farmacias».

O Alcalde Sobral, ademáis, afirmou durante a Xunta de Portavoces que no 100% das casas onde viven persoas de máis de 65 anos se lles deixou mascarilla: «Esta afirmación do Alcalde non nos cadra coa cantidade de chamadas que nos chegan de veciños e veciñas de máis de 65 anos a quenes non lle deixaron mascarilla».

O portavoz popular tamén trasladou nesta Xunta de Portavoces as inquedanzas e a preocupación de autónomos e empresarios que teñen comercios, negocios e empresas en relación co recibo de auga e basura.

O equipo de goberno non está cumprindo coa sua palabra de aprazamento de impostos municipais xa que son moitos os autónomos, negocios e pemes de Poio que se están a poñer en contacto coa empresa que xestiona a auga e a basura para saber que vai pasar cos recibos deste bimestre e a propia empresa lles comunica que non teñen aviso por parte do Concello de aprazamento e que se lle vai a mandar o recibo cunha cuota estimativa destes dos meses.

Moldes recorda que a proposta do grupo popular e a eliminación de impostos “a cero ingresos, cero impostos” mentres que o equipo de goberno acordou o aprazamento de impostos pero nin fan a primeira nin cumpren a segunda: «O que non se pode é non cumprir coa palabra que lle deron os veciños e a autonómos, moitos deles están en una situación moi complicada e o Alcalde non lle pode estar enganando anunciando que apraza os impostos e logo non facelo. Con estes incumprimentos, o equipo de goberno pode deixar a moitas familias de Poio nunha situación máis delicada da que xa se atopan».

Outra das queixas que o portavoz popular trasladou nesta Xunta de Portavoces foi no relativo o reparto dos deberes aos escolares de Poio xa que máis de 10 nais e pais, despois de ver anunciado este servizo municipal, interesáronse e chamaron o Concello para anotarse.

Moldes explica que “cando estas nais e pais chamaron o Concello interesados neste servizo municipal, comunicáronlle que se pusexen en contacto cos Centros Educativos xa que este servizo xestionábano eles” pero a sorpresa foi que estes días recibiron un correo electrónico dos Centros comunicando un aviso do Concello de Poio no que dicía que “debido a sobrecarga de traballo que teñen no Concello decidiron que xa non é posible imprimir os traballos daquelas persoas que non dispoñían de impresora”.

«Non nos parece serio que se esté anunciando en prensa e en redes socias a bombo e platillo que hai un servizo municipal de impresión e reparto de tarefas escolares ás casas dos rapaces de Poio e ao mesmo tempo desde o Concello se esté negando este servizo a moitas familias de Poio», indica Moldes.

«O equipo de gobierno ten que facer menos anuncios e facer máis feitos: non é serio que hai 3 semanas anuncien que repartirán 20.000 mascarillas casa a casa e agora manden á veciñanza ás farmacias a polas mascarillas, non é serio que anuncien que aprazarán os recibos e cando os autónomos e pemes que levan pechados mes e medio chaman a empresa que xestiona o auga municipal lles informan que non teñen aviso algún do Concello e que van enviar o recibo correspondente a este bimestre, non é serio que se anuncie un servizo de reparto a domicilio de tareas escolares e cando as familias estes días o solicitan o Concello avise de que non ten capacidade para continuar facendo este reparto».

Moldes rematou cunha mensaxe de ánimo a toda a veciñanza e valorou moi positivamente e recoñoceu a actitude exemplar dos pais e nais de Poio estes días nos que os máis pequenos da casa xa poden saír a rúa: «Pouco a pouco parece que volveremos a ir a rúa e por iso volvo a expresar de novo as ganas de vernos e saudarnos polo noso Concello pero sempre coa actitude responsable que nos está caracterizando durante todas estas semanas»..

O portavoz popular insiste en que o grupo popular formado por 8 concelleiros continuará co seu compromiso de defender os intereses de toda a veciñanza de Poio e as propostas que leva presentando este mes e popular durante estas Xuntas de Portavoces as presentará tamén ante os órganos correspondentes como Comisións e Plenos para ao seu debate e votación.

Esta tarde, como xa é costume despois da Xunta de Portavoces telématica, os oito concelleiros do grupo municipal manterán unha nova reunión telemática na que Ángel Moldes lles comunicará o tratado nesta reunión e poñerán en común o traballo que veñen preparando nas distintas áreas e as mensaxes que lles veñen trasladan veciños e colectivos durante estes días.