O cemiterio municipal reabre este xoves a proposta do PP de Poio

O concello de Poio ven de confirmar esta mañá a reapertura gradual e controlada do cemiterio municipal a partir deste xoves, tal e como solicitara o portavoz do PP, Ángel Moldes, mediante un escrito, a principios desta semana.

Ao longo dos últimos días, numerosos veciños se puxeron en contacto con membros do grupo  popular para interesarse por la posible reapertura das instalacións do cemiterio municipal, coa intención de poder visitar os nichos e panteóns familiares ou facer labores de mantemento.

Moldes solicitou formalmente esta reapertura o luns, lembrando que «nestes momentos tan excepcionais, moitos veciños necesitan realizar unha visita ao cemiterio, sexa cun horario especial, con limitación de persoas ou coas medidas de seguridade precisas».

Compre recordar que varios concellos daa provincia xa reabriron os seus cemiterios e mesmo nalgún caso non os chegaron a pechar, sendo unha decisión de cada municipio mantelos abertos durante o estado de alarma.