O Partido Popular de Poio celebra o domingo 14 a XVI Romería no Monte Castrove

O Partido Popular de Poio celebrará o domingo 14 a súa tradicional Romaría Popular no Monte Castrove. O candidato á alcaldía, Ángel Moldes, di que “non hai mellor maneira de iniciar este ano a campaña das municipais do 28 de maio que facelo co maior valor que temos no PP, que son os veciños e veciñas de Poio”.

Un importante apoio para unhas eleccións nas que, engade, “todos os partidos se presentan contra Ángel Moldes e por iso só existen dúas opcións: ou repetir tres alcaldes, tres equipos e tres presupostos, ou apostar por un alcalde, un equipo e, o máis importante, un único presuposto que permita que Poio non siga sendo o concello con máis débeda da provincia”.

Desde o PP sinalan que todas as persoas que queiran asistir á XVI Romaría do PP deben realizar unha reserva previa na sede local do partido ou chamando ao número de teléfono 986 77 22 25. A data límite para anotarse será o 10 de maio. Como noutras edicións, contarán con animación musical e xogos para os máis pequenos. O menú terá un prezo de 10€ por persoa, un prezo reducido para favorecer a asistencia de todas as persoas que queiran asistir.