O PP advirte do perigo do socavón na Escusa

O Partido Popular de Poio denuncia o estado de deterioro na pista da Escusa, en concreto, o perigo dun socavón do que xa advertiron na Comisión de Urbanismo a semana pasada, “pero a día de hoxe aínda non foi arranxado”.

O voceiro popular, Ángel Moldes, di que “os concelleiros do Tripartito recoñeceron que sabían do problema e comprometéronse a solucionalo en cuestión de días, pero xa pasou máis dunha semana e todo segue exactamente igual. Parece que están esperando a que haxa algún accidente para actuar despois”.

O popular urxe unha actuación inmediata, “non pode pasar un día máis con este socavón na Escusa” e, ademais, solicita a limpeza de cunetas e desbroces de toda a zona. “Só se acordan da Escusa cando hai eleccións”, lamenta.

Destacan que é unha pista estreita na que os coches case non dispoñen de espazo para sortear o burato e, ademais, hai un desnivel que pode producir danos maiores.