
O Partido Popular critica que Gregorio Agís “fale de todo menos do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Poio que, curiosamente, debe xestionar el directamente”.
Para o voceiro Ángel Moldes “resulta sorprendente escoitar falar a Gregorio Agís de ter solución para todo menos para o que lle toca xestionar directamente, como é o PXOM de Poio. Un documento fundamental para o desenvolvemento e crecemento do noso concello e para o que este Tripartito non foi nin capaz de aprobar un documento de inicio”.
Os populares din que “non valen nin desculpas nin promesas cando levas tantos anos no Goberno”, e esixen que Gregorio diga “onde está o PXOM de Poio” e explique aos veciños “que fixo en todo este tempo para aprobar o novo plan xeral. Agís leva oito anos sendo o máximo responsable do urbanismo en Poio, os catro primeiros con dedicación exclusiva para axilizar a súa aprobación e a día e hoxe todo sigue igual”. Por iso, din que “non lle interesa falar deste tema porque o que quere é esconder a súa falta de xestión sobre un problema que necesita unha solución para miles de veciños que a día de hoxe continúan esperando”.
Moldes recorda que a aprobación do PXOM xa foi unha promesa no pacto do Bipartito PSOE e BNG e tamén aparece no documento de goberno do Tripartito, “pero todo sigue igual”.
Di que “non ser capaces de solucionar este problema despois de tantos anos sería outra promesa incumplida do Tripartito, e un fracaso político de Gregorio Agís, que despois de oito anos foi incapaz de aprobar nin un documento de inicio. É moi fácil presumir e falar de xestión pero máis complicado é demostralo con feitos”.