O PP de Poio celebrará a súa Cea de Nadal o sábado 17 de decembro no “NOVO PARADA” de Combarro

Como é tradicional nestas datas, o PP de Poio está xa a ultimar os preparativos para a súa tradicional reunión navideña con afiliados e simpatizantes, que este ano se celebrará cunha Cea de Nadal no restaurante “Nuevo Parada” de Combarro.

O convite terá lugar o próximo sábado, 17, a partir das 21.30 horas, e contará con menú propio destas datas. O prezo por persoa será de 35 euros.

Como trasladaron por carta aos seus militantes, os populares esperan que esta xornada volva ser unha oportunidade para o reencontro e para a celebración, xunto a toda a familia popular, toda vez que en 2020 e 2021 non se puido celebrar por mor da pandemia.

Ademais, o portavoz e candidato á alcaldía, Angel Moldes recorda na misiva que “a poucos meses dunhas eleccións municipais nas que o noso partido aspira a conseguir a maioría necesaria para dar a Poio o goberno unido e solvente que necesita, a presencia dos amigos e simpatizantes do Partido Popular é máis importante que nunca”.

Moitos afiliados e simpatizantes xa confirmaron a súa asistencia. As invitacións poden reservarse chamando ou enviando un WhatsApp aos teléfonos 679 54 51 33 (Ángel), ao 648 043 571 (Rocío), 986 77 22 25 (sede PP) ou cun correo electrónico á dirección ppdepoio@gmail.com, cunha mensaxe nas redes sociais do PP antes do mércores 14.

Por último, o PP quere recordar aos veciños que xa poden adquirir participacións de Lotería do PP de Poio. Poden adquirirse na sede local todos os luns a partir das 21:00 horas, nos locais habituais ou poñéndose en contacto cos teléfonos citados ou cos membros da agrupación local.