O PP de Poio condena a agresión deste luns e mostra o seu respaldo e agradecemento aos axentes da Policía Local

O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, condenou as agresións sufridas este luns por axentes da Policía Local de Poio e trasladoulles todo o respaldo e agradecemento polo seu traballo.

«Desde o PP de Poio condenamos as agresión sufridas por estes dous axentes da Policía Local en acto de servizo e trasladámoslles todo o noso agarimo, e o recoñecemento noso e de todos polo seu traballo», indicou Moldes, que desexou ademais «unha pronta recuperación» aos axentes feridos, algo que fixo tamén persoalmente na noite do luns.

Moldes aproveitou para “agradecer e recoñecer o traballo de todo o persoal da Policía Local e de todos os integrantes das FFCCSE que prestan servizo en Poio e que fan un incansable traballo para que a veciñanza poida vivir de forma máis segura, e que están demostrando o seu compromiso de forma moi especial durante esta crise sanitaria”.