O PP de Poio sempre estará do lado das reivindicacións veciñais que defenden o dobre sentido de circulación na Ponte da Barca e inmediacións

O noso candidto para este 28M, O noso candidto para este 28M, Ángel Moldes, asistiu onte á manifestación veciñal acompañado de compañeiros e compañeiras do PP de Poio para apoiar as reivindicacións das asociacións convocantes da manifestación e dos veciños, outros colectivos e comerciantes presentes e dos que non puideron asistir pero que todos eles teñen en común a defensa do dobre sentido de circulación na Ponte da Barca e nas súas inmediacións e a repertura de Reina Victoria que sempre defendeu tamén o noso partido.

Moldes advirte que “existe xa un pacto entre BNG e PSOE de Poio e de Pontevedra para pechar a Ponte da Barca”. Nesta liña di que , “están tapando todo ata pasar as elección do 28 de maio, conscientes do rexeitamento que esperta entre a cidadanía, pero si socialistas e nacionalistas repiten nos Gobernos locais dos dous concellos, en poucos meses deixarán a Ponte sen circulación de saída”.

Onte volveuse a ver que hai unha gran preocupación entre os veciños da Caeira, Boavista, A Barca, Ferreiros, Andurique, Porto Santo, Porteliña e San Salvador xa que estas decisións lles afecta de xeito directo, pero en xeral esta preocupación tamén se estende ao resto da veciñanza de Poio como demostrouse onte cos centos de veciños do noso Concello que asistiron a esta manifestación.

«Non podemos consentir e non o imos facer que BNG e PSOE de Poio e Pontevedra fagan coa Ponte da Barca o mesmo que fixo o Sr. Lores coa complicidade do PSOE con Raíña Vitoria. Utilizan todo tipo de xustificacións e escusas, no seu día a Covid e agora as zonas de baixas emisións, pero a realidade é que a decisión está tomada desde hai tempo. Teñen un plan claro e existe un pacto entre BNG e PSOE de Pontevedra e Poio para facer restricións de tráfico e impedir que os vehículos poidan saír da cidade pola ponte da Barca.”.