O PP denuncia o estado da Travesía e o Camiño Poio de Arriba, en San Salvador

O Grupo popular trasladou esta mañá na Comisión Municipal de Urbanismo as queixas veciñais polo estado do Camiño Poio de Arriba e a súa Travesía, en San Salvador, e esixiu o seu acondicionamento e asfaltado urxente.

Os populares explicaron que xa levaron en distintas ocasións o estado destes viais a coñecemento do Goberno local, e cada vez que visitan á zona e falan cos veciños, atopan as mesmas denuncias pola deixadez do Tripartito.

“Demasiados veciños levan abandonados polo Goberno municipal”, explicou a concelleira popular Rocío Cochón, “en tantos outros camiños e lugares de Poio despois de 27 anos: Só cun Goberno de Ángel Moldes a partir do próximo 28 de maio esta veciñanza e todo San Salvador terán o impulso e a atención que merecen”.