O PP denuncia o voto en contra do PSOE á senda entre A Seca e Combarro

O Partido Popular de Poio lamenta o rexeitamento que o proxecto da senda entre A Seca e Combarro atopou en Madrid da man dos socialistas, que votaron en contra da emenda que o PP presentou aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023. Para concelleiro popular, Tucho Muíños, “é curioso que os socialistas prometan algo en Poio si despois en Madrid, onde debe ser aprobado e aceptado, non se apoia. Para que din nada si ao final eles mesmos o vetan no Congreso?”.

Neste senso, o PP explica que o grupo popular, a petición do voceiro Ángel Moldes, rexistrou unha emenda para incluír nos orzamentos deste ano a construción dunha senda entre A Seca e Combarro, emenda que si foi apoiada por outros grupos, pero que contou co voto en contra do partido socialista.

Por iso, os populares din que é “unha contradición e un engano” que o PSOE de Poio faga presentacións de sendas no litoral ou incluso copie tramos que o PP local levou no seu programa electoral, como por exemplo a de Sinás, en Raxó, e á hora da verdade, cando hai que consignar orzamento e comprometerse, rexeitan en Madrid os proxectos.

Ademais, recordan que as sendas que se fixeron en Poio foron con gobernos do Partido Popular en Madrid, como foi o caso da de Campelo á Seca, e todo apunta que terá que chegar un goberno de Feijóo a Madrid para volver a construír unha senda en Poio. “Xa é a segunda vez que os socialistas votan que non en Madrid”.

Por todo isto, Tucho Muiños solicita a Gregorio Agís “un pouco de respecto por Combarro e os veciños. En vez de facer presentacións e promesas en vésperas de eleccións, o que ten que facer é convencer aos seus compañeiros no Congreso e no Senado para que non voten en contra dunha obra tan importante para Poio en xeral e Combarro en particular, permitindo unir desde Lourido a Combarro todo cun paseo polo litoral”.