O PP presenta unha moción con medidas económicas e sociais para familias e negocios de Poio

Este mércores celebrouse unha Comisión Extraordinaria de Facenda, a primeira telemática, na que o PP de Poio presentou unha moción para oficializar e poder facer realidade as medidas económicas e sociais presentadas por este grupo municipal nas Xunta de Voceiros que celebráronse durante estas semanas e que poidan ver así luz verde co acordo plenario necesario e correspondente.

O portavoz do PP de Poiol, Ángel Moldes, indicou que desde o grupo municipal popular quixeron “comezar esta moción cunha declaración institucional agradecendo o esforzo de todos os veciños e veciñas, aos profesionais sanitarios, ao todo o persoal da Policía Local, a todo o persoal de Protección Civil, ao persoal de administración xeral municipal, ao persoal municipal de limpeza, ao persoal de servizos sociais, ao persoal do Centro de Información á Muller (CIM), ao personal do Servizo de Asistencia a Domicilio, ao persoal da empresa de recollida de basura, ao persoal da empresa de auga, ao persoal das tendas de alimentación, das farmacias e doutros establecementos que permaneceron e permanecen abertos,  aos transportistas, aos taxistas, as Forzas de Seguridade, en definitiva, a toda a xente de Poio que contribui e está a contribuir decisivamente nestes momentos tan dificiles e importantes a causa do COVID-19”.

Os populares, que apoian todas as medidas urxentes tomadas polo tripartito durante esta crise do COVID-19, a maioría delas a proposta deste grupo municipal, consideran que agora cómpre aprobar máis medidas en materia económica e social para todos os afectados por esta grave situación e non aprazar este asunto uns meses porque a nos obriga é aportar tranquilidade, acougo e alivio á veciñanza.

«En moitos fogares de Poio que dependen do sector do mar, que son autónomos ou pemes e rexentan bares e restaurantes, perruqerías, librerías, tendas de electrodomésticos e demáis negocios, noutros moitos fogares que algún ou todos os seus membros víronse afectados por un ERTE, en todos eles existe unha inquedanza pola situación económica e é, xunto coa sanitaria, a principal preocupación da veciñanza de Poio e a nos, a toda a Corporación Local, correspóndenos tomar medidas excepcionais para un momento excepcional», indica Moldes.

Desde o PP de Poio volven a ofrecer de novo toda a súa colaboración ao goberno municipal: «Ofrecemos, de novo, toda a nosa colaboración ao goberno municipal e a todos os veciños e os recursos do grupo municipal».

Os populares argumentan que a mellor defensa dos autónomos, pemes y empresas de Poio é que a “Ingresos Cero, Impostos Cero” algo que xa levan reclamando e defendendo desde que comezou esta crise sanitaria e económica e a mellor defensa das familias é incrementando as partidas de servizos sociais para dar cobertura ás demandas e necesidades da veciñanza de Poio e aliviando a presión fiscal de todas as vivendas a través, da tan reclamada, baixada do IBI.

«Entendemos que entre estas medidas que temos que aplicar en Poio está, por un lado, unha baixada de impostos e un alivio na presión fiscal a negocios, autónomos, pemes e empresas de Poio que están pechadas ou que viron reducidos os seus ingresos polo COVID-19 e fortalecer as partidas de servizos sociais e así dar cobertura as familias de Poio que precisen destas axudas a causa desta grave situación», indica Moldes.

As medidas que o PP de Poio propoñen nesta moción son as seguintes:

  • Solicitar a uninamidade da Corporación para recoñocer o traballo de todo o persoal municipal e da veciñanza nesta loita durante o COVID-19.
  • A eliminación ou bonificación na cuota dos seguintes impostos e tasas municipais polo período corespondente o Estado de Alarma e Emerxencia Sanitaria para negocios pechados ou que viron afectados, notablemente, os seus ingresos como consecuencia desta pandemia:

    – No Imposto de Bens Inmobles.
    – No Imposto de Actividades Económicas.
    – No Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (para vehículados destinados a actividade).
    – Na tasa de basura e auga.

  • A baixada do tipo impositivo do IBI ao 0,43 xa que esta crise económica terá repercusión en todas as familias do municipio independemente do sector ao que se adiquen.
  • A aprobación dunha modificación orzamentaria para dotar de maís recursos financeiros a Concellería de Benestar Social para que así poida seguir axudando ás familias afectadas por esta grave situación.