
O Grupo municipal do PP de Poio trasladou esta mañá as peticións veciñais relativas a o novo parque de calistenia de Lourido.
A popular Rocío Cochón solicitou a instalación de alumeado público no parque de Calistenia de Lourido: “Fixeron o parque pero no inverno só se pode utilizar ata as 18:00h porque carece de iluminación. É lóxico que os usuarios poidan utilizar o parque cando chegan do traballo pero ata agora é imposible pola ausencia de luz. O Tripartito foi facer fotos ao parque hai case un ano pero é preciso facer seguemento das actuacións e sobretodo, atender as peticións veciñais”.
Cochón explicou que ao longo dos últimos anos, o Grupo trasladou en moitas ocasións peticións relativas ao Pazo, e cada vez que falan cos veciños, reciben peticións que a veciñanza trasladou ao Tripartito e que non atenderon.
“Cada vez está máis claro que nas próximas eleccións só hai dúas opcións: Varios Goberniños, con varios alcaldes, que fan a guerra pola súa conta e só queren arañarlle algún voto aos seus socios mediante operacións publicitarias ou un Goberno serio e solvente, cun só alcalde, Ángel Moldes, que traballe todos os días do ano e para todos os veciños”