O Tripartito converte a Poio no Concello con máis débeda da provincia

O PP de Poio criticou esta mañá que o Tripartito converteu a Poio no municipio con máis débeda da provincia de Pontevedra e no cuarto de toda Galicia: un total de 7.961.062,78 euros.

O popular ironizou con que os grandes logros dos tres alcaldes nestes anos foron subir os impostos aos veciños no peor momento posible, cunha pandemia sanitaria e económica e incrementar a débeda municipal “sen precedentes”, que ascende xa aos 8 millóns de euros e que vai hipotecar o futuro das xeracións máis novas.

Nesta liña, Moldes explicou que en 2019 a débeda do concello era de 5 millóns de euros e nada máis aterrizar no goberno o Tripartito formado por BNG, PSOE e Avante Poio ese ano xa pediron un préstamo por importe de 650 mil euros, en 2020 outro por valor de 500 mil en 2021 un que ascendeu a 2,7 millóns de euros e en 2022 un que ascendeu a 613.000€.

Na actualidade o Tripartito ten a seguinte débeda:

Abanca: 1.708.250,00€

BBVA: 6.160.371,10€

Deputación de Pontevedra.: 92.441,68€

En total: 7.961.062,78€

Unha das principais consecuencias desta situación e que no presuposto para o ano 2023 o capítulo de inversións e investimentos xa está totalmente comprometido para pagar facturas de 2022.

“Ter tres gobernos sae moi caro os veciños de Poio e en maio terán a oportunidade de decidir se queren seguir con un goberno formado por tres alcaldes ou apostan pola alternativa de Ángel Moldes: un alcalde,  un goberno e  un presuposto”, rematou Moldes.