Por culpa do Tripartito as solicitudes que fixeron os veciños no cemiterio de San Xoán non serven para nada

O Goberno Tripartito recoñece en pleno que o Partido Popular tiña razón con respecto ao cemiterio de San Xoán, e que as solicitudes que presentaron os veciños e os datos que deixaron no concello non garanten que teñan dereito a un nicho ou panteón.

Foi a través dunha pregunta que formularon os populares na sesión plenaria deste mes, que pedía ao Goberno local que aclarase si esa solicitude que fixeron os veciños hai xa anos para comprar nichos ou panteóns era válida e daba algún dereito, tal e como pensan os centos de veciños que fixeron ese trámite. Para sorpresa dos populares, a concelleira Marga Caldas dixo descoñecer que existise ese listado, afirmando incluso que non había ningún proceso aberto para realizar esa solicitude. Unhas palabras, as da nacionalistas, que tiveron que ser corrixidas polo propio alcalde, que recoñeceu que efectivamente hai veciños que deixaron os seus datos no concello.

Agora, anos despois, o Tripartito recoñece que esas solicitudes non valen, que os veciños que pensaban que tiñan dereito de compra sobre os nichos e panteóns estaban equivocados, e que hai que abrir un proceso novo cunhas bases para facer a solicitude. “O tripartito mentiu a centos de veciños cunha falsa solicitude para reservar nichos e panteóns no cemiterio de San Xoán”, denuncia o voceiro popular, Ángel Moldes.

Por iso, esixe ao Tripartito que deixe de enganar aos veciños e marealos con falsas promesas de nichos para intentar conseguir os seus votos, e insta a que digan a verdade. Están xogando cos sentimentos e a sensibilidade de moitas persoas. Recorda que no seu día intentaron elaborar un novo regulamento para transformar propiedades privadas en concesións e, agora, levan anos enganando aos veciños, pedindo datos teoricamente para reservar nichos para agora ter que recoñecer que ese listado non sirve para absolutamente nada.