Todo preparado para a Cea de Nadal do PP

Como é tradicional nestas datas, o PP de Poio está xa a ultimar os preparativos para a súa tradicional reunión navideña con afiliados e simpatizantes, que este ano se celebrará cunha Cea de Nadal no restaurante “La Brisa Atlántica” de Lourido.

O convite terá lugar o próximo sábado, 21, a partir das 22.00 horas, e contará con menú propio destas datas e cunha actuación musical en directo para amenizar a sobremesa. O prezo por persoa será de 35 euros.

Como trasladaron por carta aos seus militantes, os populares esperan que esta xornada volva ser unha oportunidade para o reencontro e para a celebración, xunto a toda a familia popular, dun ano “de gran actividade na agrupación local”.

Ademais, o PP aproveitará a ocasión para agradecer aos asistentes o seu apoio maioritario nas distintas citas electorais do ano que remata, cuns resultados que permiten afrontar con confianza todos os retos que o partido ten por diante en 2020.

A 10 días da celebración, moitos afiliados e simpatizantes xa confirmaron a súa asistencia. As invitacións poden reservarse chamando ou enviando un WhatsApp aos teléfonos 600 351 106 (Celeste) ou ao 648 043 571 (Rocío) cun correo electrónico á dirección ppdepoio@gmail.com, cunha mensaxe nas redes sociais do PP antes do martes 17.

Por último, o PP quere recordar aos veciños que xa poden adquirir participacións de Lotería do PP de Poio, tanto de Nadal como de Reis, que poden adquirirse na sede local todos os luns a partir das 21:00 horas, nos locais habituais ou poñéndose en contacto cos teléfonos citados ou cos membros da agrupación local.