Moldes agradece que o equipo de goberno aceptase a proposta do PP de reunirse co sector da hostelería

Este mércores, o equipo de goberno reúnese co sector hosteleiro a proposta do grupo maioritario da Corproación, o PP de Poio. A reunión ten como obxectivo buscar fórmulas de reactivación económcia para este período no que as terrazas estarán limitadas o seu aforo nun 50%.

Ángel Moldes, na última Xunta de Voceiros, solicitulle os 3 partidos que forman o goberno que antes de buscar fórmulas de reactivación económica ou facer un regulamento ou normativa sobre as terrazas, era necesario escoitar e dar voz ao sector afectado.

O portavoz popular, Ángel Moldes, agradece que o equipo de goberno aceptase a petición do PP de Poio da última Xunta de Voceiros na que se solicitaba unha reunión co sector hosteleiro para tratar e buscar fórmulas para esta desescalada: «É importante que accedesen a nosa petición de reunirse co sector da hostelería xa que é o que máis sabe e o que máis pode aportar sobre este tema e por iso agradecemos este xesto do equipo de goberno».

Os populares explican que o Alcalde Sobral, de primeiras, era reacio e dubidaba da celebración desta reunión pero alégranse que cambiase de postura: «Desde o PP de Poio, desde o primeiro momento, tiñamos claro que o sector da hostelería tiña que ser escoitado xa que é unha peza clave en calquera cambio que lle afecte ao seu día a día nos seus negocios e nas súas zonas e alegrámonos que o Alcalde Sobral, finalmente, aceptase reunirse cos hosteleiros de Poio».