O PP de Poio solicítalle a Concelleira de Seguridade unha maior sensibilidade e a non utilziación de técnicas de intimidación nas cartas que está a enviar a veciños do municipio

Fotografía de PontevedraViva

O grupo popular de Poio, a través da súa edil Maritxe González, fixo un chamamento público a Concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Calgas, e ao Alcalde Sobral para pedirlle que teñan unha maior sensibilidade e utilicen menos os métodos de intimidación aos veciños e veciñas de Poio nas cartas que está enviar a veciños de Poio.

«Por sancións de tráfico impostas pola Policía Local por importes de 200€ están a chegarlle os veciños cartas indicando que “ou en 5 días depositan as chaves dos vehículo nas oficinas da Policía Local ou lle embargan e precintan o vehículo: ao noso xuízo isto é desproporcionado, moi arriscado e confiscatorio», indicou a edil popuilar, Maritxe González.

Ademais de unha medida desproporcionada -sendo este un principio da propia lexislación tributaria en materia de embargos- a popular tamén fai fincapé en Poio é o único Concello da provincia que está a aplicar esta medida confiscatoria e nada proporcional: «Está claro que todas as sancións teñen que ser pagadas e por iso en ningún momento estamos solicitando que se retiren ou anulen as sancións ou que sexan inxustas o que estamos solicitando é maior sensibilidade á hora de enviar estas cartas, ningún concello da provincia está a apostar por este tipo de textos tan intimidatorios e moito menos polo decomiso e embargo dun vehículo por multas de 200€, moitos menos nos momentos que vivimos nos que moitos veciños que non pagan as sancións é porque non poden e non porque non queren».

Os populares explican que foron varios os veciños que se puxeron en contacto connosco “para preguntar se o Concello retiraríalle o vehículo xa que non podían pagar neste momento os 200€ de sanción pero que sen o vehículo non poderían ir aos seus traballos ou a recoller os seus nenos os colexios”.

«Tampouco nos vale a previsible desculpa do BNG de que as sancións as xestiona unha empresa privada xa que o que fan é por mandato directa do Alcalde e da Concelleira de Seguridade. Noutros concellos, os Alcaldes e Concelleiros prohíben, négannse e non autorizan este tipo de textos tan intimidatorias e moito menos nunha época con tantos problemas para as familias con moitos veciños sen traballo», indica a edil popular.

Os populares poñen o exemplo do ORAL -servizo dependente da Deputación de Pontevedra- que xestiona as sancións de tráfico de 26 concellos da provincia e, incluso por débedas moi superiores, non están a enviar este tipo de cartas de decomisos en ningún caso.