Os orzamentos do Tripartito son nefastos: sen investimentos, coa débeda máis alta da provincia e sen baixada de impostos

O PP vén de valorar os últimos orzamentos desta lexislatura propostos polo Tripartito.

Os populares recordan que temos diante o documento municipal máis importante de todo o ano, o documento que ten que ser o máis transparente e o tiña que estar elaborado de xeito máis participativo.

«Son uns presupostos que seguen a ser feitos co “ADN Tripartito”: chegan tarde, non son participativos nin transparentes, están incompletos e nos que tan so un 2,43% do mesmo (327.545 euros) de todo o orzamento vai destinado a investimentos e dos cales 224.562, 23€, é dicir, máis da metade dos investimentos do ano 2023 van para pagar facturas do pasado ano», indicou Moldes.

«Chega tarde xa que estamos fora dos prazos legalmente establecidos polo que comezaremos o ano sen orzamento, non hai participación xa que non falaron con ninguén nin colectivos profesionais, veciñais, culturais, deportivos… e moito menos co partido da oposición», indicou Moldes.

«O Tripartito pecha o ano 2022 e abre o ano 2023 coa maior débeda da provincia, sendo o cuarto de Galicia cunha cantidade que ascende a 7.961.062,78€ a día de hoxe e que estamos seguros que a previsión do Tripartito é volver a pedir outro préstamo este ano como xa nos teñen acostumados pero que de momento non o dí por ser 2023 ano electoral» resume Moldes.

«En 2019 a débeda do concello era de 5 millóns de euros e ese ano pediron un préstamo por importe de 650 mil euros, en 2020 outro por valor de 500 mil, en 2021 outro que ascende a 2,7 millóns de euros e en 2022 outro de 613.000», resume Moldes.

«Calquera obra ou investimento que queiran facer cofinanciada con outra Administración non vai ser posible e por iso se non teñen previsión dun préstamo neste orzamento é porque aproxímanse as eleccións municipais», indica Moldes.

«É un presuposto no que pouco se pode explicar ou emendar porque “non deixa marxe de maniobra” entre pago de sueldos, bens e servizos e débeda aos bancos xa se esgota», denunciou Moldes.

Os populares indican que ademais de chegar tarde, chega co ADN do Tripartito que non responde a realidade que estamos a vivir neste municipio e cunhas políticas continuistas e non adaptadas as necesidades de Poio.

«Non baixa nin un só imposto e pese a conxelar os impostos, temos os impostos máis altos da provincia e nalgún caso como na basura o recibo máis caro de Galicia», recorda Moldes.

«Que poden pensar os veciños de Poio? Que se está a facer cos seus impostos? O presuposto é o documento máis importante dun Concello e este tipo de improvisacións teñen como consecuencia que a día de hoxe en Poio exista unha débeda de 468 euros por habitante fronte a un investimento por habitante de tan só 19 euros. Os números cantan. Por iso votaremos en contra», conclúe Moldes.